LOOP

Volver

Mellora na acera de Montero Ríos portal 40 ata o 56 do Carril de Caiñós

olgamurado olgamurado  •  07/09/2018  •  Orzamento

Código de proposta de gasto:111

Este tramo da acera de Montero Ríos entre o número 40 ata o 56 de Carril de Caiñós presenta moitas deficiencias para os viandantes. Sería necesario eliminar os pasos que se encontran nese tramos e unificar a acera ao mesmo nivel, sustituíndo tamén as baldosas xa que se encontran moi deterioradas e ademais aumentar un anaco de acera no tramo de Caiñós xa que, moitas veces os vehículos invaden a acera e a xente maior ou persoas discapacitadas ou pais con carritos de nenos apenas poden pasar e vense obrigados a ir pola carretera, cos perigos que iso supón.

Localización: Desde o 40 de Montero Ríos ata o 56 de Caiñós

Documentos (0)

Informe de custo

As obras serían as seguintes: - Ampliación da beirarrúa no tramo máis próximo ao Carril de Caiñós. - Renovación do pavimento, e nivelación, no resto do tramo solicitado.