Código de proposta de gasto:194
É de vital importancia para a nosa cidade que os cidadáns sexan conscientes de que só co respecto ás normas de convivencia seremos capaces de facer da mesma un lugar ideal para vivir.
A sociedade en xeral e as diferentes administracións, teñen a obrigación de trazar liñas de actuación que solucionen os problemas que vive a nosa cidade.
Hai que atopar puntos de encontro e abordar solucións que permitan a convivencia.
O abrir un debate que nos permita coñecer experiencias doutros lugares, intercambiar pareceres e o ter unha visión que teña en conta todos os puntos de vista, axudaranos a atopar puntos de encontro.
A organización dun congreso que nos permita sacar conclusións realistas e técnicas; sobre a realidade da cidade de Lugo, axudaranos a trazar un plan estratéxico que nos permita lograr o obxectivo perseguido.
Proposto no nome de:ASOCIACION DE VECIÑOS, COMERCIANTES E EMPRESARIOS DO BARRIO DA TINERIA
-Gastos das persoas conferenciantes. -Gastos de material -Dietas persoas invitadas -Gastos publicitarios. .....................