LOOP

Volver

Vespa Velutina en Lugo, conciencia con ciencia

Xesús Feás Xesús Feás  •  13/09/2018  •  Orzamento

Código de proposta de gasto:248

É unha proposta para o LOOP que aborda varios temas propios ou relacionados coa Vespa Velutina, cun enfoque multidisciplinar dendo o seu plantexamento até os mecanismos de actuación e a obtención de resultados, que teñen coma fin último que a cidadanía e a administración de Lugo no seu conxuno posúan a mellor formaión e información respecto ao insecto invasor, e as ferramentas para facerlle fronte aos seus efectos perxudiciais.

O orzamento solicitado, empregarase principalmente para a organización de diversos encontros coa cidadanía de Lugo (centros socioculturais, colexios, ...) elaboración de material informativo para a súa dsitribución na cidade, formación dos diversos axentes específicos máis involucrados no seu control; así como para sufragar a posta en marcha dalgunha acción específica e selectiva para frear a expansión do insecto invasor na cidade dende o ámbio investigador.

Xerar consensos e apropiarse do coñecemento, con unha adecuada divulgación e socialización dos coñecemetnos científicos, cunha vocación constante para a discusión franca e aberta da situación actual e cunha proxección conxunta por parte de todos e cada un dos actores da familia involucrados dalgún xeito na loita contra a Vespa Velutina, é o espírituu desta proposta. Todo elo co obxectivo común de profundizar mutuamente no coñecemento da Vespa velutina e os seus efectos e intentar aportar solucións e respostas á problemática da súa máis previsible extensión na cidade de Lugo

Documentos (0)

Informe de custo

Campaña formativa nos colexos de Lugo e distribución de panfletos informaivos para a conciencia sobre a vespa velutina.