Código de proposta de gasto:45
"Amigiños sí... pero o porquiño polo que vale"
"Polo pan, baila o can"
"Madialeva"
E así hasta infnidade de palabras, frases e ditos da nosa cultura popular que todas e todos deberíamos escoitar algunha vez e, sobre todo, saber o que sinifican.
A miña proposta é a seguinte:
Reflectar a sabiduría popular nuns paneles colocados na rúa. De este modo a xente preguntaríase o que significan e indagarían para sabelo e moitos lembraríamos has que tiñamos medio esquezidas. A forma de "alimentar" o panel cos ditos, frases e palabras sería participativa por toda-la cidadanía, podendo achegar as suas propostas para incluílas no panel por exemplo a través do facebook ou similar. Como orientación, hai paneles de 2mx1m por aproximadamente uns 3500€.
Si se considera de interés esta proposta, podería abondar algo máis sobre ela.
A espera das vosas novas, recibide un saude.
~Alfonso Diéguez Méndez~
Organizaráse unha campaña de promoción da lingua e a cultura galega. Instalaránse as frases en distintos formatos e lugares da cidade.