Código de proposta de gasto:46
Realización de concertos didácticos para escolares, aproveitando as datas de celebración do Festival de Jazz que se realiza anualmente en novembro e a infraestructura do propio Festival de Jazz, e realizados por agrupacións especialistas na materia e con experiencia na realización de ciclos didácticos. Poderíanse realizar unha ou dúas sesións diarias para uns 200 estudantes cada unha delas.
O custo estimado para a realización de iste ciclo de concertos didácticos sería de 10.000 €.
Proposto no nome de:Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz de Lugo
O PROGRAMA DEBERÁ DESENVOLVERSE EN HORARIO LECTIVO COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DOS CENTROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DO CONCELLO DE LUGO. O ORZAMENTO TOTAL DEBERÁ INCLUIR O TRANSPORTE DOS ESCOLARES DENDE OS CENTROS ATA O LUGAR ONDE SE DESENVOLVA A ACTIVIDADE. TER EN CONTA QUE TERÁN QUE ESTAR APROBADOS OS LOOP PARA A REALIZACIÓN DOS CONCERTOS DIDÁCTICOS.