Código de proposta de gasto:50
Dende a Federación AA. VV. de Lugo "Lucus Augusti" e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa solicitamos unha estátua relacionada co mundo rural na Praza Agro do Rolo. A proposta inicial sería unha parella de labregos realizando algunha actividade ou portando algún utensilio característico do mundo campesiño.
Por outa banda consideramos idóneo este emprazamento para a esculttura, tanto pola referencia que fai o propio nome da praza como pola vinculación que ten este barrio tradicionalmente co rural.
Con esta obra preténdese homenaxear á par que recoñecer a influencia do campo para o crecemento deste barrio e da cidade, así como non esquecer as raíces nunha zona fortemente apegada ó sector primario dende sempre e recompensar dalgún xeito o esforzo de xeracións implicadas neste oficio.
O presuposto estimado para esta obra é de 14.900€.
Localización: Praza Agro do Rolo
Proposto no nome de:Federación Veciñal de Lugo "Lucus Augusti" e Asociación Veciñal, Comerciante e Industriais da Milagrosa
O orzamento desta actuación é moi variable, segundo o material que se escolla, tamaño da estatua, complexidade, etc. Un orzamento de 15.000 € é bastante axustado para o requerido.