Código de proposta de gasto:51
A cidade de Lugo é unha das poucas capitais de provincia que non dispón nas súas entradas do seu nome en letras xigantes, o que é de extrañar xa que tan só son 4 letras, L U G O. Cando vivía aquí non me percataba, pero agora que estou estudando fora sí que noto a falta delas e creo que lle darían un aire máis relevante e moderno á cidade.
Localización: Nas principais entradas da cidade
Aínda que o orzamento varia moito en función do material escollido, tamaño das letras, número de letreiros, base de apoio, etc., pódese estimar un custo de 12.000 euros para a seguinte actuación: - 2 unidades de 4 letras de aceiro, de 1,20m de altura, sobre base de formigón.