Código de proposta de gasto:7
A esta altura de Fontiñas, ao lado do Lococopia, no número 184, atópase unha pequena esplanada cun solar detrás en gran estado de abandono e unha rúa que da acceso a garaxes. A proposta sería adecentar este recuncho pois atópase en pésimo estado. O solar ten unhas vallas de madeira que están caídas e hai moita maleza e a esplanada é utilizada para aparcar coches mais non se encontra en bo estado. Sería bo arranxar o estado do solar así como a esplanada para adecentar á vista dos viandantes este recuncho.
Localización: Fontiñas 184 ao carón do Lococopia
As actuacións poderían consistir no seguinte: - Execución de soleira de formigón. - Desbroce dos taludes. - Execución de rígola no lateral do carril, para conectar as augas de escorrentía coa rede de pluviais. - Plantación de algunha árbore nos laterais.