Código de proposta de gasto:84
actualmente non hai posibilidade de que as veciñas e os veciños da zona poidan ter acceso á rede no centro social, e hai moitas persoas interesadas no aprendizaxe e no manexo de ferramentas informáticas.
Localización: Bosende - S.Pedro Fiz de Muxa - Lugo
Proposto no nome de:asociación de veciñas e veciños "AS CARBALLEIRAS DE BOSENDE - PAREDES - ANGUIEIRO"
Existe a posibilidade, igual que se fixo en outras escolas da zona rural de Lugo, de dotar ao centro dunha conexión a internet. Esta líña contrataríase a través da adxudicataria do servizo de telefonía móbil, fixa e conexións de datos, segundo o contrato asinado coa UTE Telefónica de España SAU - Telefónica Móviles SAU (UTE TdE-TME CCXXII) o 29 de Xaneiro de 2013. A alta de liña non tería custo, e o custo anual estímase en 1.728,02€. Esta cantidade podría sufrir variacións, xa que o contrato actual remata o vindeiro mes de Xaneiro de 2019, ainda que a cantidade non debera sufrir variacións significativas.