LOOP

Volver

PANEIS INFORMACION VECIÑANZA

ASOCIACION DE VECIÑOS GATOS ROXOS ASOCIACION DE VECIÑOS GATOS ROXOS  •  Colectivo  •  06/09/2018  •  Orzamento

taboleiros informativos
taboleiros informativos

Código de proposta de gasto:88

A nosa proposta consiste no seguinte:

a diario vemos nas  nosas rúas cheas de carteis, papeles atados as farolas, os postes do alumeado, no mobiliario publico que, aparte de afear as mesmas, xeran un traballo para os servizos publicos  pois, moitas veces son dificiles de arrincar. por outra banda, a concentracion de informacion en puntos determinados, crea uns hábitos os veciños e veciñas que, facilitan  o acceso a informacións que, de outro xeito non son difundidos.

a proposta consiste en instalar no barrio de As Gandaras, 7 taboleiros  informativos para insertar informacións , anuncios, avisos etc para a veciñanza. ditos paneis ou taboleiros serían construidos en Aluminio con un corcho interior e ventana acristalada  con metacrilato en peche de corredeira para que, calquer poida abrilo e poñer os seus avisos.

ditos taboleiros irian anclados o chan no cemento con  dous pes, e situados en puntos polos que, habitualmente pasa  a xente para que, de ese xeito poidan ver as informacions e o mesmo tempo, sepan que, neses puntos teñen os avisos  e non nas farolas ou espazos publicos que, non son para ese fin.

consideramos que , e unha proposta que vai favorecer a veciñanza do barrio, mellorar o aspecto do barrio en canto a limpeza e concentrar os puntos de informacion para todolos veciños e veciñas.

 

Localización: a localizacion dos mesmos seria no Barrio de As Gandaras

Proposto no nome de:ASOCIACION DE VECIÑOS GATOS ROXOS

Documentos (0)

Informe de custo

Suponse sete taboleiros, a uns 800 euros máis IVE cada un deles.