LOOP

Volver

Colocación de varandas, pasamáns e baldosas antideslizantes en Carril dos Indios

alextm22 alextm22  •  06/09/2018  •  Orzamento

Código de proposta de gasto:90

O proxecto consistiría en sustituír as baldosas de Carril dos Indios por unhas antideslizantes e colocar varandas e pasamáns para os viandantes xa que se trata dunha rúa con moita costa e frecuentemente transitada por persoas maiores.

Documentos (0)

Informe de custo

O límite de 15.000 euros por proxecto implica que as actuacións propostas só se poderían aplicar a un dos lados da rúa, sen chegar a completalo. Os traballos serían os seguintes: - Demolición de baldosa existente. - Execución de pavimento de baldosa antideslizante. - Disposición de varandas e pasamáns nos tramos nos que sexa factible.