Código de proposta de gasto:95
En Fontiñas, á altura do número 105, nunha rúa de baixada cara San Eufrasio, as condicións son pésimas. Cómpre cambiar as aceras de baixada e revisar as escaleiras, poñendo baldosa antideslizante así como pasamáns e cambiar as varandas do outro lado da carretera. Tamén sería necesario repintar o paso de peóns e tapar as fochancas xa que, por ahí acceden coches aos garaxes. Poderíanse limpar as escaleiras que se atopan ao final da baixada.
Debido á limitación das actuacións dos orzamentos participativos a 15.000 €, non se poderían levar a cabo todas as obras solicitadas na totalidade da extensión descrita. A grandes rasgos, as obras a executar serían as seguintes: - Demolición de beirarrúa existente. - Disposición de novo pavimento con baldosas anti-deslizantes. - Disposición de varandas e pasamáns.