LOOP

Propostas de investimento con ámbito: Orzamento

Esta partida ten un orzamento de 350.000 €

Parque biosaludable no parque do Sagrado Corazón

11/09/2018  •  Isa Chao  •  Orzamento

A miña proposta é a instalación dos aparatos de exercicios biosaludables, no parque do Sagrado Corazón sito en Paradai de abaixo, antigua Campsa.

dado que neste barrio do Sagrado Corazón existe moita xente que para poder utilizados tense que desprazar ata Frigsa.

 

No Sagrado Corazón queremos os aparatos de exercicios e neste parque hai sitio de sobra para poñelos.

15.000 €

Limpeza zonas comúns locais de asociacións Arde Lucus

04/09/2018  •  Terra Copora  •  Orzamento

Nos locais onde se ubican as asociacións culturais que participan no Arde Lucus, situados no parque da Milagrosa non se está levando a cabo a limepza das zonas comúns coma sucede nos locais municipais onse se ubican outras asociacións.

Propoñemos a contratación dun servizo de limpeza que se ocupe de acondicionar estes locais periodicamente.

 

1.450 €

Arreglo paso de peatones C/ Hnos. Carro - C/ Rio Eo

11/09/2018  •  José Antonio Vázquez Pérez  •  Orzamento

Al fondo C/ Hnos Carro confluencia C/ Rio Eo nº 36 existe un paso de peatones que en invierno está lleno de agua y tierra, ya que no tiene desagüe y no se puede cruzar por el

4.000 €

Instalación dun valado no lado da Praza do Castiñeiro e a rúa Lamas de Prado

04/09/2018  •  Tania de los Santos  •  Orzamento

A zona da Praza do Castiñeiro ten no seu entorno unha importante presencia infantil e xuvenil, cun centro de ensino nas inmediacións e un parque de xogos infantís, sendo ademais unha vía con moita circulación de automíbiles.

A praza en si conta cunha importante presencia de nenos e nenas que utilizan o seu espazo para xogar, entre outras cousas, con balóns que, moitas veces, acaban saíndo á estrada e os cativos van detrás coa intención de recuperalos, resultando moi perigoso para eles e tamén para os condutores.

A instalación dun valo na parte da praza que limita coa rúa Lamas de Prado cumpría polo tanto cunha dobre función:

  1. Obrigaría aos peóns a cruzar axeitadamente polos pasos acondicionados para elo.
  2. Evitaría a saída dos nenos e mozos a estrada, xa que pararía os balóns, aumentando a seguridade dos seus xogos na praza.
5.000 €

Mellora na praza e escaleiras do número 9 na rúa Miguel de Cervantes

08/09/2018  •  alextm22  •  Orzamento

É necesario unha mellora de imaxe na praza sita no número 9 da rúa Miguel de Cervantes e tamén unha limpeza e mellora das escaleiras que baixan á estación do tren. Melloraría este espazo de reunión para a xente maior que vive na rúa.

7.000 €

Adecuación aparcamiento C/ Sierra de Ancares - C/ Rio Eo

11/09/2018  •  José Antonio Vázquez Pérez  •  Orzamento

Entre C/ Sierra de Ancares y C/ Rio Eo hay un aparcamiento en tierra, cuando llueve baja toda la tierra y piedras acumulándose en un tramo de la acera y calle Rio Eo nº 46

14.000 €

Adecentamento da mediana de Fontiñas

01/08/2018  •  alextm22  •  Orzamento

A mediana de Fontiñas é un punto de encontro para todos os veciños e, estes quéixanse ás veces do seu estado. Os cans andan moito por ela e fan as súas necesidades e moitas veces os donos non recollen as cagadas, ademais de que a herba está completamente desaparecida nalgunha zona. Bolardos non queda ningún entre cada paso de peóns. A proposta sería restituír todos os bolardos perdidos (case todos) pois son necesarios sobre todo no comezo da mediana á altura do Camiño Primitivo. Restituír papeleiras rotas ou habilitar máis para os donos dos cans, plantar herba (desaparecida á altura do Camiño Primitivo) pois sería útil á hora das choivas xa que evitaría escorremento de terra pola mediana e evitaría tamén que se ensuciara. Xa se entrara dentro de presuposto habilitar algún banco máis pois é unha zona bastante transitada por persoas maiores e con mobilidade reducida. Tamén sería boa idea repintar algún paso de peóns. En caso de non poder facer estas dúas últimas propostas, sería boa idea poñer carteis recordando aos donos dos cans que recollan as cagadas (como puxo algún veciño á altura de Paxariños) xa que é zona de convivencia e habitualmente os donos dos cans non suelen respetar o uso común da mediana de Fontiñas. A mediana encóntrase en peor estado cara o Camiño Primitivo e tamén é a zona máis transitada.

6.000 €

Fonte de Corbelle na parroquia de Coeo.

04/09/2018  •  Ana Belen Paz Fernandez  •  Orzamento

No núcleo de Corbelle na parroquia de Coeo temos unha fonte que nos denominamos (A Vica) que está en estado de abandono, tanto a propia Fonte como o pedazo de camiño que conduce a ela, nese mesmo camiño a Fonte conduce a auga hacia un lavadeiro que está ben conservado.E unha zona deste núcleo que queremos arranxar tanto pola sua tradicción como polo bonito que quedaría o entorno Fonte-Lavadeiro.

5.000 €

Creación de acera no cruce entre Montero Ríos e o inicio das Fontiñas

08/09/2018  •  alextm22  •  Orzamento

Neste cruce entre Montero Ríos e o inicio da Ronda das Fontiñas é necesario a creación dunha acera do lado esquerdo xa que, non hai continuidade de beirarrúa e melloraría a seguridade dos viandantes.

3.250 €

Arreglar el acceso al cementerio de Santa María de Bóveda

11/09/2018  •  Manuel Antonio Fernández Rodríguez  •  Orzamento

Habilitar desde la puerta principal de la parroquia de Santa María de Bóveda un paseo de piedra (pizarra), que comunique las dos entradas a la iglesia, y de esta forma aumentar la seguridad del firme, y as evitar los desniveles que hay en la actualidad. De igual forma es preciso realizar movimientos de tierra para igualar el resto del cementerio al nivel del paseo citado.

El presupuesto de esta obra asciende a 9.982 euros (IVA incluido)

10.000 €