LOOP

Propostas de investimento con ámbito: Orzamento

Esta partida ten un orzamento de 350.000 €

Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade

04/09/2018  •  Sara  •  Orzamento

O Camiño Primitivo non soamente pasa por Lugo senon que ademais constitúe o kilómetro 100. Esta marca, supón un momento importante para moitos peregrinos que levan días e días camiñando e tamén son moitos os que deciden comezar a súa camiñata neste punto.

O barrio da Chanca é a entrada do Camiño na nosa cidade e o tan apreciado kilómetro 100. É por isto que unha mellora da súa estética e coidado suporía un cambio moi positivo tanto para os peregrinos que visitan Lugo, como para nós, a cidadanía, que usa esta zona para pasear e achegarse ao río Rato.

Medidas propostas:

- Soterrar os cubos de lixo: Melloraría a estética notablemente. De non ser posible por cuestións técnicas, mellorar o seu aspecto. - Arranxar a fonte: fonte antiga en total abandono. Os peregrinos agradecerían moito ter acceso a auga potable, pois non hai fontes en moitos kilómetros. As cidadás e cidadáns daríanlle un bo uso tras pasear ou facer deporte polo paseo do Rato.

- Instalar papeleiras ao longo da Rúa da Chanca.

- Acondicionamento na instersección Rúa da Chanca - San Eufrasio: Esta pequena zona encóntrase sempre chea de maleza, pois non se limpa ca periodicidade necesaria. Mellorar esta zona que ademais coincide xusto no kilómetro 100 do Camiño facendo unha zona axardinada de fácil mantemento.

- Mellorar a señalización entre a Rúa San Eufrasio e Ronda das Fontiñas: Tanto no paso de peón como despois de subir as escaleiras. Aproveitar a zona axardinada (diante da cafetería Egomundi) podando os arbustos e poñendo unha sinal, frecha, concha,etc que sinalice axeitadamente o curso do Camiño.

- Decorar as escaleiras (diante da cafetería Egomundi): posto que non é posible desfacerse delas, aproveitalas pintando un graffiti relativo á cidade de Lugo, como benvida, ou relativa ao Camiño.

- Limpeza da rúa Carril das Flores: pintadas, maleza, etc.

- Limpeza cristaleira no parque infantil Centro Maruja Mallo: encontrase en muy mal estado cas conchas e cristais rotos dando unha mala imaxe. Así como a fonte/estanque.

Estas medidas mellorarían notablemente a imaxe de Lugo, sendo o primeiro contacto ca cidade dos milleiros de peregrinos que pasan por aquí cada. As primeiras impresións non se poden cambiar.

8.000 €

Realizar graffiti e pintado de xogos infantís no CEIP Menéndez Pelayo

05/09/2018  •  AMPA Amigos do Menéndez Pelayo  •  Orzamento

Realizar un graffiti na parte posterior do polideportivo, na zona colindante coa Rúa Concello, e pintado de xogos infantís nos chans dos patios do colexio.

15.000 €

Puesta en funcionamiento de la fuente de Porta Miñá

08/09/2018  •  Asociación Lugo Monumental  •  Orzamento

La fuente de Porta Miñá, en la parte baja del Pazo de Sangro, fue restaurada recientemente, convirtiendo ese punto en una referencia del barrio de A Tinería. Sin embargo, al no manar agua de sus caños la fuente se ve muy deslucida. Por lo tanto solicitamos que se conecte esta fuente a la red para que recupere su función natural.

3.000 €

Almacén no interior do polideportivo do CEIP Menéndez Pelayo

05/09/2018  •  AMPA Amigos do Menéndez Pelayo  •  Orzamento

Facer un pequeno almacén no interior do pavillón polideportivo do colexio.

15.000 €

instalación dunha línea de conesión a internet no centro social de Bosende

05/09/2018  •  lamatai  •  Orzamento

actualmente non hai posibilidade de que as veciñas e os veciños da zona poidan ter acceso á rede no centro social, e hai moitas persoas interesadas no aprendizaxe e no manexo de ferramentas informáticas.

1.728 €

parque infantil en Bosende

05/09/2018  •  lamatai  •  Orzamento

poderíase instalar na fica veciñal xunto coa zona de xogos tradicionais que se propón noutro proxecto

6.500 €

Placas Patrimonio de la Humanidad

08/09/2018  •  Asociación Lugo Monumental  •  Orzamento

Lugo cuenta con tres elementos Patrimonio de la Humanidad: La Muralla, la Catedral y el Camino Primitivo. Sin embargo la señalización de estos recursos como tal Patrimonio es limitada. Solicitamos que en las diez entradas al casco histórico se instalen en el suelo unas placas de bronce adecuadas para tal fin, en que se recoja este singular honor para nuestra ciudad, asegurándonos así de que ningún visitante se marchará sin conocerlo.  

7.115 €