LOOP

Propostas de investimento con ámbito: Orzamento

Esta partida ten un orzamento de 350.000 €

Estatua Plaza Agro do Rolo

27/08/2018  •  Lucus Augusti  •  Orzamento

Dende a Federación AA. VV. de Lugo "Lucus Augusti" e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa solicitamos unha estátua relacionada co mundo rural na Praza Agro do Rolo. A proposta inicial sería unha parella de labregos realizando algunha actividade ou portando algún utensilio característico do mundo campesiño.

Por outa banda consideramos idóneo este emprazamento para a esculttura, tanto pola referencia que fai o propio nome da praza como pola vinculación que ten este barrio tradicionalmente co rural.

Con esta obra preténdese homenaxear á par que recoñecer a influencia do campo para o crecemento deste barrio e da cidade, así como non esquecer as raíces nunha zona fortemente apegada ó sector primario dende sempre e recompensar dalgún xeito o esforzo de xeracións implicadas neste oficio.

O presuposto estimado para esta obra é de 14.900€.

 

15.000 €
0923144297184484127.jpg

Letras de benvida á cidade

28/08/2018  •  Antía  •  Orzamento

A cidade de Lugo é unha das poucas capitais de provincia que non dispón nas súas entradas do seu nome en letras xigantes, o que é de extrañar xa que tan só son 4 letras, L U G O. Cando vivía aquí non me percataba, pero agora que estou estudando fora sí que noto a falta delas e creo que lle darían un aire máis relevante e moderno á cidade. 

12.000 €

Arranxo e acondicionamento da fonte de Tuixe

06/09/2018  •  Asociación Veciñal de San Remigio de Bazar  •  Orzamento

Arranxo e acondicionamento dunha fonte antiga xunto á arbore milenaria, situada no lugar de Tuixe, na parroquia de Bazar.

3.000 €
OTRO.jpg

DANDO VIDA O BARRIO CON COR

29/08/2018  •  DIEGO  •  Orzamento

Somos unha asociación xuvenil e cultural que traballa fomentando o arte urbano, o grafismo e a expresión artística como medio de expresión. O noso proxecto trátase de dar vida con muralismo , a unha zoa da cidade como é as casas sindicais. Representaríase mendiante ilustracións a  vida cotidiá das persoas, dandolle cor e vida  a esas medianeras grises e o mesmo tampo dandolle cor o barrio.

A zoa elexida  é por ser unha zoa con unha poboación moi envellecida e ser unha zoa muy transitada os barrios periféricos e polo tanto son unhas medianeras muy visibles.Esto pode ser a semilla para continuar o proxecto noutras zoas de Lugo e así utilizar o arte urbano para embellecer a nosa cidade e modernizala, sendo tamén deste xeito un proxecto pioneiro na cidade , xa que non existe ningunha medianera realizada ata o momento. gustanos unha cidade moderna e con cor.

15.000 €

Arranxo e acondicionamento do camiño do Muíño de Ana

06/09/2018  •  Asociación Veciñal de San Remigio de Bazar  •  Orzamento

Arranxo e acondicionamento do camiño do Muíño de Ana, situado no lugar de Paderne, na parroquia de Bazar.

5.000 €

Mostra Teatro cidade de Lugo

09/09/2018  •  pezlua  •  Orzamento

Recuperar a Mostra Teatro Cidade de Lugo onde a cidadanía podía ver nunha semana o teatro que se estaba a facer en Lugo , podería ser unha boa idea crear un certame o aire libre en verán.

Era moi bo para a comunicación e unión das compañías 

Unha mostra atractiva de profesionais ,afeccionadas , escolas de teatro e universidade

15.000 €

Adecentamento á altura de Fontiñas nº 184

01/08/2018  •  alextm22  •  Orzamento

A esta altura de Fontiñas, ao lado do Lococopia, no número 184, atópase unha pequena esplanada cun solar detrás en gran estado de abandono e unha rúa que da acceso a garaxes. A proposta sería adecentar este recuncho pois atópase en pésimo estado. O solar ten unhas vallas de madeira que están caídas e hai moita maleza e a esplanada é utilizada para aparcar coches mais non se encontra en bo estado. Sería bo arranxar o estado do solar así como a esplanada para adecentar á vista dos viandantes este recuncho.

3.000 €

FESTIVAL DE CULTURA URBANA

29/08/2018  •  DIEGO  •  Orzamento

Como mozo de Lugo voto de menos un festival de cultura urbana polo menos unha vez o ano. Un festival que incluya concertos de rap, trap,grafitti, musica indi, skate,BMX,.brakedance.. dende fai anos non se realiza ningún festival  e votase de menos este tipo de actividades que fomentan a cultura urbana e  acercar esta cultura  a xente que no está acostumbrada a estas actividades e, ir contra a concepción de que é algo malo ou ilegal"

15.000 €

Cambio por motivos de seguridade e mal estado das vallas na ladeira de Fontiñas

01/08/2018  •  alextm22  •  Orzamento

Na ladeira de Fontiñas que comunica co Rato e o parque de Paxariños, hai un cerramento de madeira que se atopa en mal estado, ademais de moita maleza pola zona debido á dificultade que presenta para a súa limpeza. A proposta consistiría en adecentar este cerramento, sustituílo por completo por outro máis estable, seguro e que respete o entorno verde da ladeira xa que, por esta zona pasean moitas persoas maiores, con mobilidade reducida e nenos. Tamén estaría ben limpar por completo a maleza, sustituír baldosas que están rotas, así como revisar o estado do chan xa que presenta numerosas grietas (algunha fonda e preocupante) e poderían ocasionar algún perigo para o viandante. Outra idea sería mover os bancos habilitados e non achegalos tanto á valla, actualmente porque se encontra inestable e despois da súa sustitución para a comodidade da xente que se senta neles.

14.500 €
Columpios

Parque infantil na escola vella de Barbaín

06/09/2018  •  Vecinodebarbain  •  Orzamento

A escola vella de Barbaín dispón dun terreo arredor da mesma, de titularidade municipal (27900A457000200000HB).  En parte dese terreo baleiro sería factible dispoñer un parque infantil sinxelo, cos seguintes elementos:

- Columpios.  Algo similar ao modelo NICE - L29M de Galopín, pois ten un dos columpios adaptados para bebés, e ao mesmo tempo é un modelo sinxelo (económico):

http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/l29m/nice

- Tobogán.  Algo similar ao modelo NICE-T16E de Galopín, pois é un modelo sinxelo

http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/t16e/nice

- Valado no perímetro exterior.  Uns 21m en total (3 lados de 7m aproximadamente).

- Pavimento infantil de caucho.  Uns 42 metros cadrados.

6.000 €