LOOP

Propostas de investimento con ámbito: Orzamento

Esta partida ten un orzamento de 350.000 €

Escultura da Praza da Milagrosa

14/09/2018  •  Asociación de Veciños da Milagrosa  •  Orzamento

Instalar unha escultura na Praza da Milagrosa aos fundadores e predecesores do barrio, xente humilde e traballadora que fixo posible o que temos hoxe. Non figurarían nomes, a intención é colectiva. Aproveitando as obras de peonalización da Praza quedaría moi axeitada nun lugar a determinar, suxetándose a inversión de 15.000€. Esta idea xa foi proposta pola Asoc. Vec. hai anos, tendo boa acollida polos veciños, temos un boceto de como podría ser.

15.000 €

Mellora da praza entre a Estación de Autobuses e o Vello Cárcere

09/08/2018  •  alextm22  •  Orzamento

Recentemente veuse de arranxar a praza entre a estación de autobuses e o vello cárcere. A praza quedou moi ben, é agradable para o paseo e agradable para os turistas que acceden á estación ou ao cárcere, mais sería necesario actuar nela dun xeito sinxelo: colocar algún banco nela xa que é unha zona moi transitada e sería de gran utilidade, ademais de limpar as herbas que saen polas pedras que dan mala imaxe, repintar a parede exterior do vello cárcere e instalar tamén algún floreiro, papeleiras... Sirva como exemplo a rúa peatonal entre a Muralla e o colexio Maristas. 

4.000 €

Fonte de Corbelle na parroquia de Coeo.

04/09/2018  •  Ana Belen Paz Fernandez  •  Orzamento

No núcleo de Corbelle na parroquia de Coeo temos unha fonte que nos denominamos (A Vica) que está en estado de abandono, tanto a propia Fonte como o pedazo de camiño que conduce a ela, nese mesmo camiño a Fonte conduce a auga hacia un lavadeiro que está ben conservado.E unha zona deste núcleo que queremos arranxar tanto pola sua tradicción como polo bonito que quedaría o entorno Fonte-Lavadeiro.

5.000 €

Placas Patrimonio de la Humanidad

08/09/2018  •  Asociación Lugo Monumental  •  Orzamento

Lugo cuenta con tres elementos Patrimonio de la Humanidad: La Muralla, la Catedral y el Camino Primitivo. Sin embargo la señalización de estos recursos como tal Patrimonio es limitada. Solicitamos que en las diez entradas al casco histórico se instalen en el suelo unas placas de bronce adecuadas para tal fin, en que se recoja este singular honor para nuestra ciudad, asegurándonos así de que ningún visitante se marchará sin conocerlo.  

7.115 €

Desfile na Parada Militar de Lexionarios

14/09/2018  •  Asociación Cultural e de Promoción Turística  •  Orzamento

Desfile na Parada Militar de Lexionarios co gallo da victoria do monte de Garañon.

Orzamento: 6.000€

6.000 €

Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade

04/09/2018  •  Sara  •  Orzamento

O Camiño Primitivo non soamente pasa por Lugo senon que ademais constitúe o kilómetro 100. Esta marca, supón un momento importante para moitos peregrinos que levan días e días camiñando e tamén son moitos os que deciden comezar a súa camiñata neste punto.

O barrio da Chanca é a entrada do Camiño na nosa cidade e o tan apreciado kilómetro 100. É por isto que unha mellora da súa estética e coidado suporía un cambio moi positivo tanto para os peregrinos que visitan Lugo, como para nós, a cidadanía, que usa esta zona para pasear e achegarse ao río Rato.

Medidas propostas:

- Soterrar os cubos de lixo: Melloraría a estética notablemente. De non ser posible por cuestións técnicas, mellorar o seu aspecto. - Arranxar a fonte: fonte antiga en total abandono. Os peregrinos agradecerían moito ter acceso a auga potable, pois non hai fontes en moitos kilómetros. As cidadás e cidadáns daríanlle un bo uso tras pasear ou facer deporte polo paseo do Rato.

- Instalar papeleiras ao longo da Rúa da Chanca.

- Acondicionamento na instersección Rúa da Chanca - San Eufrasio: Esta pequena zona encóntrase sempre chea de maleza, pois non se limpa ca periodicidade necesaria. Mellorar esta zona que ademais coincide xusto no kilómetro 100 do Camiño facendo unha zona axardinada de fácil mantemento.

- Mellorar a señalización entre a Rúa San Eufrasio e Ronda das Fontiñas: Tanto no paso de peón como despois de subir as escaleiras. Aproveitar a zona axardinada (diante da cafetería Egomundi) podando os arbustos e poñendo unha sinal, frecha, concha,etc que sinalice axeitadamente o curso do Camiño.

- Decorar as escaleiras (diante da cafetería Egomundi): posto que non é posible desfacerse delas, aproveitalas pintando un graffiti relativo á cidade de Lugo, como benvida, ou relativa ao Camiño.

- Limpeza da rúa Carril das Flores: pintadas, maleza, etc.

- Limpeza cristaleira no parque infantil Centro Maruja Mallo: encontrase en muy mal estado cas conchas e cristais rotos dando unha mala imaxe. Así como a fonte/estanque.

Estas medidas mellorarían notablemente a imaxe de Lugo, sendo o primeiro contacto ca cidade dos milleiros de peregrinos que pasan por aquí cada. As primeiras impresións non se poden cambiar.

8.000 €

Carrusel Navideño en la Plaza de la Soledad

08/09/2018  •  Asociación Lugo Monumental  •  Orzamento

La campaña navideña es probablemente una de las más entrañables del año. La animación callejera en la ciudad en esta época es, sin embargo, muy deficiente si tenemos en cuenta el potencial cultural, económico y sobre todo el incalculable valor que para los niños tienen estas fechas. Proponemos la instalación de un Carrusel lúdico para los niños en la plaza de la Soledad en las fechas navideñas. Hay en el país diversas empresas que se encargan de estos montajes y de las que conocemos presupuestos que entrarían en los límites de los Presupuestos Participativos. Proponemos que se ubique en la Plaza de la Soledad por diversas razones, entre otras su estratégica ubicación, el hecho de que el espacio es suficiente, y que su disposición la convierte en un lugar razonablemente protegido de las inclemencias del viento. Desde Lugo Monumental nos ofrecemos para colaborar con el Ayuntamiento en la animación navideña, que podría tener como centro neurálgico este Carrusel y convertirse en una atracción innegable de la zona.  

14.400 €

Aula de Cultura Romana

14/09/2018  •  Asociación Cultural e de Promoción Turística  •  Orzamento

Aula de cultura romana (aula interactiva de difusión da cultura romana de Lucus Augustus)

Orzamento: 10.000€

15.000 €

Mellora do firme no 45 do Carril das Hortas e pintar plazas de aparcamiento

07/09/2018  •  olgamurado  •  Orzamento

No Carril das Hortas a pé do número 45 sería necesario mellorar o firme e pintar plazas de aparcamiento en batería para así facilitar o poder aparcar e facilitar a movilidade xa que, ás veces apárcase nas dúas beiras e un vehículo un pouco grande non colle. Tamén mellorar a limpeza no tramo e mellorar a sinalización vertical e horizontal.

4.000 €

Parque biosaludable en Rio Sil

11/09/2018  •  Mª Josefa Fernández Saavedra  •  Orzamento

Construcción dun parque biosaludable para maiores na zona do xardín da R/ Río Sil

14.996 €