LOOP

Resultados da procura

Amósanse 11  13 dun total de 13investimentos contén o termo 'Cultura'

Mostra Teatro cidade de Lugo

09/09/2018  •  pezlua  •  Orzamento

Recuperar a Mostra Teatro Cidade de Lugo onde a cidadanía podía ver nunha semana o teatro que se estaba a facer en Lugo , podería ser unha boa idea crear un certame o aire libre en verán.

Era moi bo para a comunicación e unión das compañías 

Unha mostra atractiva de profesionais ,afeccionadas , escolas de teatro e universidade

15.000 €
civismo2.jpg

ORGANIZACIÓN DUN FORO SOBRE CULTURA CIDADÁ E CIVISMO

09/09/2018  •  Hector Fdez Fdez  •  Orzamento

É de vital importancia para a nosa cidade que os cidadáns sexan conscientes de que só co respecto ás normas de convivencia seremos capaces de facer da mesma un lugar ideal para vivir.

A sociedade en xeral e as diferentes administracións, teñen a obrigación de trazar liñas de actuación que solucionen os problemas que vive a nosa cidade.

Hai que atopar puntos de encontro e abordar solucións que permitan a convivencia.

O abrir un debate que nos permita coñecer experiencias doutros lugares, intercambiar pareceres e o ter unha visión que teña en conta todos os puntos de vista, axudaranos a atopar puntos de encontro.

A organización dun congreso que nos permita sacar conclusións realistas e técnicas; sobre a realidade da cidade de Lugo, axudaranos a trazar un plan estratéxico que nos permita lograr o obxectivo perseguido.

15.000 €

Aula de Cultura Romana

14/09/2018  •  Asociación Cultural e de Promoción Turística  •  Orzamento

Aula de cultura romana (aula interactiva de difusión da cultura romana de Lucus Augustus)

Orzamento: 10.000€

15.000 €