LOOP

Resultados da procura

Hai 2 investimentos contén o termo '"Rural; parques infantís; actividades...'

Mellora do parque infantil do local social da San Vicente do Burgo

04/09/2018  •  María Luisa Vázquez Barrio  •  Orzamento

Dende fai anos, no local social da San Vicente do Burgo non se levou a cabo ningunha mellora. É unha parroquia do Concello de Lugo, cunha poboación de 100 veciños, e con máis de 20 nenos, que non teñen ningún espazo de lecer nin de encontro nos arredores da parroquia.

Polo que, dende a Asociación de Veciños do Burgo, presentamos a solicitude dentro dos orzamentos participativos, para que se leve a cabo esta mellora e se inclúa mobiliario infantil, como columpios, tobogán... Somos coñecedores que 15.000 euros non chega para unha mellora importante, pero si, ao menos, para ir mellorando o espazo e dotalo de mobiliario que sexa atractivo para que se converta nun lugar de encontro para as nenas e nenos da parroquia e do conxunto dos veciños.

6.500 €
Columpios

Parque infantil na escola vella de Barbaín

06/09/2018  •  Vecinodebarbain  •  Orzamento

A escola vella de Barbaín dispón dun terreo arredor da mesma, de titularidade municipal (27900A457000200000HB).  En parte dese terreo baleiro sería factible dispoñer un parque infantil sinxelo, cos seguintes elementos:

- Columpios.  Algo similar ao modelo NICE - L29M de Galopín, pois ten un dos columpios adaptados para bebés, e ao mesmo tempo é un modelo sinxelo (económico):

http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/l29m/nice

- Tobogán.  Algo similar ao modelo NICE-T16E de Galopín, pois é un modelo sinxelo

http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/t16e/nice

- Valado no perímetro exterior.  Uns 21m en total (3 lados de 7m aproximadamente).

- Pavimento infantil de caucho.  Uns 42 metros cadrados.

6.000 €