Resultados da procura
Hai 5 investimentos contén o termo 'ARDE LUCUS'

ARDE LUCUS - ARRANXO-SUSTITUCION DO TELLADO NAVE SOCIAL FRIGSA
30/08/2018 • • Orzamento
Na nave de Frigsa de Vías e Obras, teñen local 13 das asociacións de Lugo que forman parte do Arde Lucus. Nesa nave gardamos as Asociacións o material que será usado despois nos campamentos que montan as Asociacións no Arde Lucus. Nestes momentos unha das maiores deficiencias que ten dita nave son as goteiras polo mal estado do tellado, o que ocasiona todos os anos o deterioro do material e das instalacións. A partida é para o arranxo ou sustitución dunha parte ou de todo o tellado co fin de rematar coas goteiras.
ARDE LUCUS - ARRANXO E PINTADO DO CHAN DA NAVE SOCIAL FRIGSA
30/08/2018 • • Orzamento
Na nave de Frigsa de Vías e Obras, teñen local 13 das asociacións de Lugo que forman parte do Arde Lucus. Nesa nave gardamos as Asociacións o material que será usado despois nos campamentos que montan as Asociacións no Arde Lucus. Debido ao uso de traspaletas co material do Arde Lucus e a que nunca interviuse no chan, este nas zonas comúns, presenta un estado lamentable. A partida sería para arranxar o chan onde estalou a pintura e pintar o chan das zonas comúns cunha pintura resistente tipo epoxi.
Entrada campamento Lucus Augusti
04/09/2018 • • Orzamento
No campamento de Lucus Augusti onde se concentran varias asociacións de recreación participantes no Arde Lucus, e que dendo o ano 2018 está ubicado no parque Rosalía de Castro, fai falta unha entrada que indique onde se está accedendo e que aune aparte castrexa e a parte romana da castra.
Adxunto fotografía para tomar de referencia
Decoración para as rúas no Arde Lucus
04/09/2018 • • Orzamento
Votamos de menos no Arde Lucus máis decoración temática que adorne as rúas da cidade, propoñemos que se dedique o máximo orzamento posible (15.000€) a adquisición de decoración (telas, estatuas, ...) que se poida reutilizar durante varios anos.
Limpeza zonas comúns locais de asociacións Arde Lucus
04/09/2018 • • Orzamento
Nos locais onde se ubican as asociacións culturais que participan no Arde Lucus, situados no parque da Milagrosa non se está levando a cabo a limepza das zonas comúns coma sucede nos locais municipais onse se ubican outras asociacións.
Propoñemos a contratación dun servizo de limpeza que se ocupe de acondicionar estes locais periodicamente.