LOOP

Resultados da procura

Hai 1 investimento contén o termo 'CamiñoPrimitivo BarriodaChanca'

Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade

04/09/2018  •  Sara  •  Orzamento

O Camiño Primitivo non soamente pasa por Lugo senon que ademais constitúe o kilómetro 100. Esta marca, supón un momento importante para moitos peregrinos que levan días e días camiñando e tamén son moitos os que deciden comezar a súa camiñata neste punto.

O barrio da Chanca é a entrada do Camiño na nosa cidade e o tan apreciado kilómetro 100. É por isto que unha mellora da súa estética e coidado suporía un cambio moi positivo tanto para os peregrinos que visitan Lugo, como para nós, a cidadanía, que usa esta zona para pasear e achegarse ao río Rato.

Medidas propostas:

- Soterrar os cubos de lixo: Melloraría a estética notablemente. De non ser posible por cuestións técnicas, mellorar o seu aspecto. - Arranxar a fonte: fonte antiga en total abandono. Os peregrinos agradecerían moito ter acceso a auga potable, pois non hai fontes en moitos kilómetros. As cidadás e cidadáns daríanlle un bo uso tras pasear ou facer deporte polo paseo do Rato.

- Instalar papeleiras ao longo da Rúa da Chanca.

- Acondicionamento na instersección Rúa da Chanca - San Eufrasio: Esta pequena zona encóntrase sempre chea de maleza, pois non se limpa ca periodicidade necesaria. Mellorar esta zona que ademais coincide xusto no kilómetro 100 do Camiño facendo unha zona axardinada de fácil mantemento.

- Mellorar a señalización entre a Rúa San Eufrasio e Ronda das Fontiñas: Tanto no paso de peón como despois de subir as escaleiras. Aproveitar a zona axardinada (diante da cafetería Egomundi) podando os arbustos e poñendo unha sinal, frecha, concha,etc que sinalice axeitadamente o curso do Camiño.

- Decorar as escaleiras (diante da cafetería Egomundi): posto que non é posible desfacerse delas, aproveitalas pintando un graffiti relativo á cidade de Lugo, como benvida, ou relativa ao Camiño.

- Limpeza da rúa Carril das Flores: pintadas, maleza, etc.

- Limpeza cristaleira no parque infantil Centro Maruja Mallo: encontrase en muy mal estado cas conchas e cristais rotos dando unha mala imaxe. Así como a fonte/estanque.

Estas medidas mellorarían notablemente a imaxe de Lugo, sendo o primeiro contacto ca cidade dos milleiros de peregrinos que pasan por aquí cada. As primeiras impresións non se poden cambiar.

8.000 €