Resultados da procura
Hai 2 investimentos contén o termo 'Estátua'
Estatua Plaza Agro do Rolo
27/08/2018 • • Orzamento
Dende a Federación AA. VV. de Lugo "Lucus Augusti" e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa solicitamos unha estátua relacionada co mundo rural na Praza Agro do Rolo. A proposta inicial sería unha parella de labregos realizando algunha actividade ou portando algún utensilio característico do mundo campesiño.
Por outa banda consideramos idóneo este emprazamento para a esculttura, tanto pola referencia que fai o propio nome da praza como pola vinculación que ten este barrio tradicionalmente co rural.
Con esta obra preténdese homenaxear á par que recoñecer a influencia do campo para o crecemento deste barrio e da cidade, así como non esquecer as raíces nunha zona fortemente apegada ó sector primario dende sempre e recompensar dalgún xeito o esforzo de xeracións implicadas neste oficio.
O presuposto estimado para esta obra é de 14.900€.
Decoración para as rúas no Arde Lucus
04/09/2018 • • Orzamento
Votamos de menos no Arde Lucus máis decoración temática que adorne as rúas da cidade, propoñemos que se dedique o máximo orzamento posible (15.000€) a adquisición de decoración (telas, estatuas, ...) que se poida reutilizar durante varios anos.