LOOP

Resultados da procura

Amósanse 1  10 dun total de 49investimentos contén o termo 'Lugo'

Unha tarde calquera na Pista Roja

Remodelación Pista Roja Lugo

10/08/2018  •  Pista Roja Lugo  •  Orzamento

A intención deste proxecto, é a de actualizar, remodelar unha das zoas deportivas ó aire libre máis concurrida da cidade, a cal leva máis de 20 anos sen modificar, é un lugar onde día tras día pódese ver gran cantidade de cidadáns facendo deporte, sendo unha das poucas canchas de cidade que non se deteriorou polo vandalismo, por iso cremos que unha actualización dela podría ser moi beneficioso para a cidade, gañándo en instalacións, en imaxe nun lugar icónico da cidade, tanto pola súa tradición como pista deportiva, tanto pola súa localización moi preto do centro histórico da cidade e a beiras da emblemática fonte do rei. 

Por iso a nosa proposta é a seguinte:

1. Sustitución dos bancos por gradas permanentes, dun material non perecedeiro ( pedra, hormigón...) para minimizar o mantenemento e custo delas e para o acomodo dos cidadáns e deportistas que agardan na pista.

2. Remodelación/actualización da pista; a pista é de gran tránsito, por iso está degradada polo seu uso, podéndose observar varias grietas no medio dela, sendo algo perigoso para os deportistas.

Dentro deste 2º punto, é importante o cambio no que as zonas colindantes se refire, xa que xusto na pista pódense encontrar os canalóns de auga, acompañados dos sumidoiros, que no que se refire a amortiguar a auga ten unha labor deficiente, encharcándose a auga no medio da pista, sendo isto un problema para a práctica deportiva, creándo un risco innecesario de lesión pola súa proximidade a cancha de baloncesto; por iso pedimos a substitución do mecanismo, modificando ou tapando a este.

3. Cambio do poste e tableiro da canasta, unha vez máis nombrar a gran afluencia de practicantes na pista, o que conleva un deterioro dela; os postes das canastas levan máis de 20 anos sen modificar podéndose observar na súa base, grietas, que predicen a pouca vida real que teñen os postes debido ó gran uso ó que son sometidos.

Por outro lado, vemos necesario tamén neste cambio nas canastas da cancha, un taboleiro con medidas reglamentarias dun material adecuado para a práctica do deporte como é o metacrilato, os taboleiros que se atopan na actualidade(cartón chapado) son anticuados e obsoletos.

 

15.000 €

Concertos didácticos para escolares no Festival de Jazz de Lugo

23/08/2018  •  JoseLuisDiaz  •  Orzamento

Realización de concertos didácticos para escolares, aproveitando as datas de celebración do Festival de Jazz que se realiza anualmente en novembro e a  infraestructura do propio Festival de Jazz, e realizados por agrupacións especialistas na materia e con experiencia na realización de ciclos didácticos. Poderíanse realizar unha ou dúas sesións diarias para uns 200 estudantes cada unha delas.

O custo estimado para  a realización de iste ciclo de concertos didácticos sería de 10.000 €.

10.000 €

Concertos e actividades na rúa no Festival de Jazz de Lugo

23/08/2018  •  Escobijazz  •  Orzamento

Realización de diversos concertos e actividades de animación, nas rúas da cidade, en paralelo á celebración do Festival de Jazz de Lugo que se realiza anualmente.

11.700 €
esquina_pc.jpg

Acondicionamiento y humanización calle Pintor Corredoira con calle Armórica

27/08/2018  •  Manuel Maseda  •  Orzamento

La propuesta consiste en adoquinar con el mismo material que la acera todo el solar municipal con el fin de crear una pequeña plaza y colocar unos bancos que permitan a la gente descansar.

La calle Pintor Corredoira acoge cada día un importante número de personas ya que, a mayores, de los vecinos que viven en la zona, en esta misma calle se encuentra la entrada a colegio CEIP ANEXA para los cursos de infantil. Los padres ante la imposibilidad de encotrar sitio para aparcar suben los coches a las aceras, dificultando el paso normal de las personas mayores. 

Con esta propuesta lo que se busca es habilitar un espacio para que los padres tengan un lugar donde esperar por sus hijos, el solar de propiedad municipal se encuentra justo enfrente de dicha entrada, a la vez que los vecinos pueden pasear sin problemas por la zona.

7.000 €

Estatua Plaza Agro do Rolo

27/08/2018  •  Lucus Augusti  •  Orzamento

Dende a Federación AA. VV. de Lugo "Lucus Augusti" e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa solicitamos unha estátua relacionada co mundo rural na Praza Agro do Rolo. A proposta inicial sería unha parella de labregos realizando algunha actividade ou portando algún utensilio característico do mundo campesiño.

Por outa banda consideramos idóneo este emprazamento para a esculttura, tanto pola referencia que fai o propio nome da praza como pola vinculación que ten este barrio tradicionalmente co rural.

Con esta obra preténdese homenaxear á par que recoñecer a influencia do campo para o crecemento deste barrio e da cidade, así como non esquecer as raíces nunha zona fortemente apegada ó sector primario dende sempre e recompensar dalgún xeito o esforzo de xeracións implicadas neste oficio.

O presuposto estimado para esta obra é de 14.900€.

 

15.000 €
0923144297184484127.jpg

Letras de benvida á cidade

28/08/2018  •  Antía  •  Orzamento

A cidade de Lugo é unha das poucas capitais de provincia que non dispón nas súas entradas do seu nome en letras xigantes, o que é de extrañar xa que tan só son 4 letras, L U G O. Cando vivía aquí non me percataba, pero agora que estou estudando fora sí que noto a falta delas e creo que lle darían un aire máis relevante e moderno á cidade. 

12.000 €
OTRO.jpg

DANDO VIDA O BARRIO CON COR

29/08/2018  •  DIEGO  •  Orzamento

Somos unha asociación xuvenil e cultural que traballa fomentando o arte urbano, o grafismo e a expresión artística como medio de expresión. O noso proxecto trátase de dar vida con muralismo , a unha zoa da cidade como é as casas sindicais. Representaríase mendiante ilustracións a  vida cotidiá das persoas, dandolle cor e vida  a esas medianeras grises e o mesmo tampo dandolle cor o barrio.

A zoa elexida  é por ser unha zoa con unha poboación moi envellecida e ser unha zoa muy transitada os barrios periféricos e polo tanto son unhas medianeras muy visibles.Esto pode ser a semilla para continuar o proxecto noutras zoas de Lugo e así utilizar o arte urbano para embellecer a nosa cidade e modernizala, sendo tamén deste xeito un proxecto pioneiro na cidade , xa que non existe ningunha medianera realizada ata o momento. gustanos unha cidade moderna e con cor.

15.000 €

FESTIVAL DE CULTURA URBANA

29/08/2018  •  DIEGO  •  Orzamento

Como mozo de Lugo voto de menos un festival de cultura urbana polo menos unha vez o ano. Un festival que incluya concertos de rap, trap,grafitti, musica indi, skate,BMX,.brakedance.. dende fai anos non se realiza ningún festival  e votase de menos este tipo de actividades que fomentan a cultura urbana e  acercar esta cultura  a xente que no está acostumbrada a estas actividades e, ir contra a concepción de que é algo malo ou ilegal"

15.000 €
IMG-3831.jpg

ARDE LUCUS - ARRANXO-SUSTITUCION DO TELLADO NAVE SOCIAL FRIGSA

30/08/2018  •  TEOFILO XABIER  •  Orzamento

Na nave de Frigsa de Vías e Obras, teñen local 13 das asociacións de Lugo que forman parte do Arde Lucus. Nesa nave gardamos as Asociacións o material que será usado despois nos campamentos que montan as Asociacións no Arde Lucus. Nestes momentos unha das maiores deficiencias que ten dita nave son as goteiras polo mal estado do tellado, o que ocasiona todos os anos o deterioro do material e das instalacións. A partida é para o arranxo ou sustitución dunha parte ou de todo o tellado co fin de rematar coas goteiras.

15.000 €
IMG-3856.JPG

ARDE LUCUS - ARRANXO E PINTADO DO CHAN DA NAVE SOCIAL FRIGSA

30/08/2018  •  TEOFILO XABIER  •  Orzamento

Na nave de Frigsa de Vías e Obras, teñen local 13 das asociacións de Lugo que forman parte do Arde Lucus. Nesa nave gardamos as Asociacións o material que será usado despois nos campamentos que montan as Asociacións no Arde Lucus. Debido ao uso de traspaletas co material do Arde Lucus e a que nunca interviuse no chan, este nas zonas comúns, presenta un estado lamentable. A partida sería para arranxar o chan onde estalou a pintura e pintar o chan das zonas comúns cunha pintura resistente tipo epoxi.

15.000 €