Resultados da procura
Hai 1 investimento contén o termo 'Pista Roja'

Remodelación Pista Roja Lugo
10/08/2018 • • Orzamento
A intención deste proxecto, é a de actualizar, remodelar unha das zoas deportivas ó aire libre máis concurrida da cidade, a cal leva máis de 20 anos sen modificar, é un lugar onde día tras día pódese ver gran cantidade de cidadáns facendo deporte, sendo unha das poucas canchas de cidade que non se deteriorou polo vandalismo, por iso cremos que unha actualización dela podría ser moi beneficioso para a cidade, gañándo en instalacións, en imaxe nun lugar icónico da cidade, tanto pola súa tradición como pista deportiva, tanto pola súa localización moi preto do centro histórico da cidade e a beiras da emblemática fonte do rei.
Por iso a nosa proposta é a seguinte:
1. Sustitución dos bancos por gradas permanentes, dun material non perecedeiro ( pedra, hormigón...) para minimizar o mantenemento e custo delas e para o acomodo dos cidadáns e deportistas que agardan na pista.
2. Remodelación/actualización da pista; a pista é de gran tránsito, por iso está degradada polo seu uso, podéndose observar varias grietas no medio dela, sendo algo perigoso para os deportistas.
Dentro deste 2º punto, é importante o cambio no que as zonas colindantes se refire, xa que xusto na pista pódense encontrar os canalóns de auga, acompañados dos sumidoiros, que no que se refire a amortiguar a auga ten unha labor deficiente, encharcándose a auga no medio da pista, sendo isto un problema para a práctica deportiva, creándo un risco innecesario de lesión pola súa proximidade a cancha de baloncesto; por iso pedimos a substitución do mecanismo, modificando ou tapando a este.
3. Cambio do poste e tableiro da canasta, unha vez máis nombrar a gran afluencia de practicantes na pista, o que conleva un deterioro dela; os postes das canastas levan máis de 20 anos sen modificar podéndose observar na súa base, grietas, que predicen a pouca vida real que teñen os postes debido ó gran uso ó que son sometidos.
Por outro lado, vemos necesario tamén neste cambio nas canastas da cancha, un taboleiro con medidas reglamentarias dun material adecuado para a práctica do deporte como é o metacrilato, os taboleiros que se atopan na actualidade(cartón chapado) son anticuados e obsoletos.