Resultados da procura
Hai 6 investimentos contén o termo 'Rural'
Restauración de Fuente Pública en la parroquia de Esperante en Núcleo Carballido
09/08/2018 • • Orzamento
Restaurar Fuente pública en el nucleo de Carballido - Esperante, que se encuentra en estado de ruina, siendo la única fuente que existe en ese nucluo rural. Esta Fuente daba servicio a todos los vecinos y se utilizaba como lavadero público, formando parte del patrimonio cultural y etnográfico de la zona, considerando que es necesario la puesta en valor de aquellos elementos patrimoniales que forman parte de la memoria de los vecinos de la "parroquia". En muchas ocasiones, los vecinos no disponen de agua potable porque se secan los pozos y de esta forma se solucionaria un problema de primera necesidad para la población.
Estatua Plaza Agro do Rolo
27/08/2018 • • Orzamento
Dende a Federación AA. VV. de Lugo "Lucus Augusti" e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa solicitamos unha estátua relacionada co mundo rural na Praza Agro do Rolo. A proposta inicial sería unha parella de labregos realizando algunha actividade ou portando algún utensilio característico do mundo campesiño.
Por outa banda consideramos idóneo este emprazamento para a esculttura, tanto pola referencia que fai o propio nome da praza como pola vinculación que ten este barrio tradicionalmente co rural.
Con esta obra preténdese homenaxear á par que recoñecer a influencia do campo para o crecemento deste barrio e da cidade, así como non esquecer as raíces nunha zona fortemente apegada ó sector primario dende sempre e recompensar dalgún xeito o esforzo de xeracións implicadas neste oficio.
O presuposto estimado para esta obra é de 14.900€.
Mellora do parque infantil do local social da San Vicente do Burgo
04/09/2018 • • Orzamento
Dende fai anos, no local social da San Vicente do Burgo non se levou a cabo ningunha mellora. É unha parroquia do Concello de Lugo, cunha poboación de 100 veciños, e con máis de 20 nenos, que non teñen ningún espazo de lecer nin de encontro nos arredores da parroquia.
Polo que, dende a Asociación de Veciños do Burgo, presentamos a solicitude dentro dos orzamentos participativos, para que se leve a cabo esta mellora e se inclúa mobiliario infantil, como columpios, tobogán... Somos coñecedores que 15.000 euros non chega para unha mellora importante, pero si, ao menos, para ir mellorando o espazo e dotalo de mobiliario que sexa atractivo para que se converta nun lugar de encontro para as nenas e nenos da parroquia e do conxunto dos veciños.
Arranxo e acondicionamento da fonte de Tuixe
06/09/2018 • • Orzamento
Arranxo e acondicionamento dunha fonte antiga xunto á arbore milenaria, situada no lugar de Tuixe, na parroquia de Bazar.
Arranxo e acondicionamento do camiño do Muíño de Ana
06/09/2018 • • Orzamento
Arranxo e acondicionamento do camiño do Muíño de Ana, situado no lugar de Paderne, na parroquia de Bazar.

Parque infantil na escola vella de Barbaín
06/09/2018 • • Orzamento
A escola vella de Barbaín dispón dun terreo arredor da mesma, de titularidade municipal (27900A457000200000HB). En parte dese terreo baleiro sería factible dispoñer un parque infantil sinxelo, cos seguintes elementos:
- Columpios. Algo similar ao modelo NICE - L29M de Galopín, pois ten un dos columpios adaptados para bebés, e ao mesmo tempo é un modelo sinxelo (económico):
http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/l29m/nice
- Tobogán. Algo similar ao modelo NICE-T16E de Galopín, pois é un modelo sinxelo
http://www.galopinplaygrounds.com/es/producto/t16e/nice
- Valado no perímetro exterior. Uns 21m en total (3 lados de 7m aproximadamente).
- Pavimento infantil de caucho. Uns 42 metros cadrados.