Resultados da procura
Hai 1 investimento contén o termo 'Seguridade" "Cerramento perigoso" "Ma...'
Cambio por motivos de seguridade e mal estado das vallas na ladeira de Fontiñas
01/08/2018 • • Orzamento
Na ladeira de Fontiñas que comunica co Rato e o parque de Paxariños, hai un cerramento de madeira que se atopa en mal estado, ademais de moita maleza pola zona debido á dificultade que presenta para a súa limpeza. A proposta consistiría en adecentar este cerramento, sustituílo por completo por outro máis estable, seguro e que respete o entorno verde da ladeira xa que, por esta zona pasean moitas persoas maiores, con mobilidade reducida e nenos. Tamén estaría ben limpar por completo a maleza, sustituír baldosas que están rotas, así como revisar o estado do chan xa que presenta numerosas grietas (algunha fonda e preocupante) e poderían ocasionar algún perigo para o viandante. Outra idea sería mover os bancos habilitados e non achegalos tanto á valla, actualmente porque se encontra inestable e despois da súa sustitución para a comodidade da xente que se senta neles.