LOOP

Resultados da procura

Hai 1 investimento contén o termo 'civismo'

civismo2.jpg

ORGANIZACIÓN DUN FORO SOBRE CULTURA CIDADÁ E CIVISMO

09/09/2018  •  Hector Fdez Fdez  •  Orzamento

É de vital importancia para a nosa cidade que os cidadáns sexan conscientes de que só co respecto ás normas de convivencia seremos capaces de facer da mesma un lugar ideal para vivir.

A sociedade en xeral e as diferentes administracións, teñen a obrigación de trazar liñas de actuación que solucionen os problemas que vive a nosa cidade.

Hai que atopar puntos de encontro e abordar solucións que permitan a convivencia.

O abrir un debate que nos permita coñecer experiencias doutros lugares, intercambiar pareceres e o ter unha visión que teña en conta todos os puntos de vista, axudaranos a atopar puntos de encontro.

A organización dun congreso que nos permita sacar conclusións realistas e técnicas; sobre a realidade da cidade de Lugo, axudaranos a trazar un plan estratéxico que nos permita lograr o obxectivo perseguido.

15.000 €