Resultados da procura
Hai 4 investimentos contén o termo 'colexios'
Mellora da praza entre a Estación de Autobuses e o Vello Cárcere
09/08/2018 • • Orzamento
Recentemente veuse de arranxar a praza entre a estación de autobuses e o vello cárcere. A praza quedou moi ben, é agradable para o paseo e agradable para os turistas que acceden á estación ou ao cárcere, mais sería necesario actuar nela dun xeito sinxelo: colocar algún banco nela xa que é unha zona moi transitada e sería de gran utilidade, ademais de limpar as herbas que saen polas pedras que dan mala imaxe, repintar a parede exterior do vello cárcere e instalar tamén algún floreiro, papeleiras... Sirva como exemplo a rúa peatonal entre a Muralla e o colexio Maristas.
Realizar graffiti e pintado de xogos infantís no CEIP Menéndez Pelayo
05/09/2018 • • Orzamento
Realizar un graffiti na parte posterior do polideportivo, na zona colindante coa Rúa Concello, e pintado de xogos infantís nos chans dos patios do colexio.
Almacén no interior do polideportivo do CEIP Menéndez Pelayo
05/09/2018 • • Orzamento
Facer un pequeno almacén no interior do pavillón polideportivo do colexio.
Vespa Velutina en Lugo, conciencia con ciencia
13/09/2018 • • Orzamento
É unha proposta para o LOOP que aborda varios temas propios ou relacionados coa Vespa Velutina, cun enfoque multidisciplinar dendo o seu plantexamento até os mecanismos de actuación e a obtención de resultados, que teñen coma fin último que a cidadanía e a administración de Lugo no seu conxuno posúan a mellor formaión e información respecto ao insecto invasor, e as ferramentas para facerlle fronte aos seus efectos perxudiciais.
O orzamento solicitado, empregarase principalmente para a organización de diversos encontros coa cidadanía de Lugo (centros socioculturais, colexios, ...) elaboración de material informativo para a súa dsitribución na cidade, formación dos diversos axentes específicos máis involucrados no seu control; así como para sufragar a posta en marcha dalgunha acción específica e selectiva para frear a expansión do insecto invasor na cidade dende o ámbio investigador.
Xerar consensos e apropiarse do coñecemento, con unha adecuada divulgación e socialización dos coñecemetnos científicos, cunha vocación constante para a discusión franca e aberta da situación actual e cunha proxección conxunta por parte de todos e cada un dos actores da familia involucrados dalgún xeito na loita contra a Vespa Velutina, é o espírituu desta proposta. Todo elo co obxectivo común de profundizar mutuamente no coñecemento da Vespa velutina e os seus efectos e intentar aportar solucións e respostas á problemática da súa máis previsible extensión na cidade de Lugo