Resultados da procura
Hai 2 investimentos contén o termo 'ocupas'
Limpeza zonas comúns locais de asociacións Arde Lucus
04/09/2018 • • Orzamento
Nos locais onde se ubican as asociacións culturais que participan no Arde Lucus, situados no parque da Milagrosa non se está levando a cabo a limepza das zonas comúns coma sucede nos locais municipais onse se ubican outras asociacións.
Propoñemos a contratación dun servizo de limpeza que se ocupe de acondicionar estes locais periodicamente.

ORGANIZACIÓN DUN FORO SOBRE CULTURA CIDADÁ E CIVISMO
09/09/2018 • • Orzamento
É de vital importancia para a nosa cidade que os cidadáns sexan conscientes de que só co respecto ás normas de convivencia seremos capaces de facer da mesma un lugar ideal para vivir.
A sociedade en xeral e as diferentes administracións, teñen a obrigación de trazar liñas de actuación que solucionen os problemas que vive a nosa cidade.
Hai que atopar puntos de encontro e abordar solucións que permitan a convivencia.
O abrir un debate que nos permita coñecer experiencias doutros lugares, intercambiar pareceres e o ter unha visión que teña en conta todos os puntos de vista, axudaranos a atopar puntos de encontro.
A organización dun congreso que nos permita sacar conclusións realistas e técnicas; sobre a realidade da cidade de Lugo, axudaranos a trazar un plan estratéxico que nos permita lograr o obxectivo perseguido.