Presentámoste una lista de solucións ao problemas e dudas técnicas máis frecuentes do servicio LOOP·Lugo Opina. Se isto nos resolve o teu problema, podes chamar ai teléfono 010 do Concello de Lugo, escribirnos un mail a 010@concellodelugo.org ou achegarte á Oficina de Participación Cidadana do Concello de Lugo.
Comproba algunha das seguintes posibilidades:
Se ao intetar verificar a túa conta, aparece unha mensaxe de erro diciendo que "O DNI xa está en uso", o primero que tes que revisar é si tiveras outra conta de usuario que xa verificases con ese DNI. Lembra que podes ter moitas contas de usuario, pero solo unha delas pode ter os datos do teu DNI. Esta será a conta coa que poderás propor e votar propostas. É o que chamamos unha conta verificada.
Se xa tiveras outra conta de usuario, proba a entrar con ela sen máis e ver se podes propor ou votar propostas (de estar na fase de votación). Se podes, entón todo está ben. O que pasa é que esta conta é a conta verificada, é dicir, a que deberás empregrar para os procesos nos que se requira que a verificación.
Se non estás seguro de ter ou non máis contas, o máis común é que teñas máis de unha dirección de correo electrónico e teñas creado contas de usuario con cada unha de elas. Para comprobalo e recuperar o contrasinal de cada conta, entra en "Esqueciches o teu contrasinal", introduce unha das túas direccións de correo electrónico e preme o botón "Recibir instruccións". Repite este proceos para cada unha das túas direccións de correo electrónico. Se nalgún momento aparece a mensaxe dicindo "Non se atopou", quere dicir que non tes conta de usuario en LOOP asociada a ese email.
Enviaremosche un mail con un enlace para cada correo electrónico que empregaras para crear unha conta de usuario. Ese enlace serve para restablecer o teu contrasinal. Algunha de esas contas será a que teña asociado o DNI, é dicir, a conta verificada. Esa e a conta que deberás empregar para facer propostas, votar o claquer outro proceso que precise dunha conta verificada.
Non. Sempre podes achegarte á Oficina de Participación Cidadana do Concello de Lugo donde poderás presentar propostas e votar de maneira presencial. Con todo, as publicacións das propostas e outra información publicarase na web, sendo o medio máis sinxelo de participar en LOOP.
Debido a que o obxectivo de LOOP é a toma de decisións que afectan á nosa cidade e as persoas que viven aquí, coidamos que son os cidadáns os que deben de ter a capacidade de decidir. Dado que o rexistro do padrón é o censo máis completo do que dispomos, decidimos restrinxir a capacidade decisoria so ás persoas empadroadas.
Para a propostas, poden participar as persoas vinculadas ó Concello de Lugo, sen límite de idade. Para a votación hai que ser empadroado e maior de 14 anos.
Deberase ter en conta que o orzamento máximo que o Concello vai a adicar a unha proposta é de 15.000€, y que o gasto deberá referirse a un investimento ou gasto corrente.
Por outra banda, non esquezas que as propostas ten que superar un informe de viabilidade que determinará se é legal, técnicamente viable e se efectivamente é competencia do Concello.